viernes, 1 de mayo de 2020

LINGUA U.D. 13 (pp.160 - 161) VIDEO SOBRE A RECICLAXE E ARTE EN ÁFRICA

LE ESTA INFORMACIÓN DESPOIS DE VER O VÍDEO E COMENTA QUE CHE PARECE ESTA IDEA. OCEAN SOLE: FLIP THE FLOP INTO ART Ocean Sole é unha empresa de Kenya, fundada por Julie Church, que se dedica a recoller as chancletas do océano e da costa de Kenya e transfórmaas en orixinais pezas de arte. Desde o seu nacemento en 2005, recolleron máis de 1,000 toneladas de chancletas, creando ademais máis de 150 postos de traballo para locais e contribuíndo co 10% do seu beneficio para programas de conservación dos océanos. A día de hoxe, os seus coloridas esculturas de chancletas comercialízanse globalmente en países como Italia, Francia, Estados Unidos, Singapura… logrando difundir a súa forma de ver o mundo e a súa maneira de concibir os negocios por centos de cidades do mundo. A nivel local, o impacto de Ocean Sole foi e segue sendo magnífico. É un proxecto que involucrou a toda a súa comunidade, promovendo a conservación dos océanos, dando visibilidade a artistas locais e xerando emprego para decenas de familias. Hai mil maneiras de reducir o noso impacto nos océanos, escolle a túa e forma parte do cambio. Axúdanos a que nazan máis proxectos como este, que nacen co soño de mellorar o mundo, que apostan pola arte como ferramenta de cambio. CRES QUE PODEMOS FACER ALGO SIMILAR AQUÍ? QUÉ IDEAS TES SOBRE ESTO?

No hay comentarios:

Publicar un comentario